Conferencias: IV Centenario da expedición dos irmáns Nodal

Actualizado 20/09/2018 00:00

museo de pontevedra

O martes 25 de setembro ás 17 comezará no salón de actos do Sexto Edificio a primeira das tres conferencias que queren divulgar o coñecemento da expedición ao estreito de Magallanes e Tierra de Fuego (1618-1619) e achegar ao público a historia local, botando luz sobre os seus protagonistas principais: os pontevedreses irmáns Nodal.

O 27 de setembro de 2018 cumpriranse 400 anos do inicio esta expedición chea de logros náuticos e cartográficos da que desde o Museo demos conta en 2012 nun dos artigos de Coñeces o teu.

17:15 h

“As claves históricas da expedición dos irmáns Nodal (1618-1619)”

David Rodríguez Couto

Universidad Nacional de Educación a Distancia

18:00 h

“Trala estela dos Nodal: destino, Pontevedra”

Alfonso D. Fernández Pousada

Arquivo de Santa María a Maior

18:30 h

“Historia local, excelente recurso motivador na aula”

Sergio Meis Casalderrey

António Godinho, Pedro Sousa Silva (flautas)

CEIP de Ponte Sampaio

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra