Segunda edición do festival audiovisual infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes. Bases de participación

Actualizado 26/09/2018 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra en curtametraxes é un festival que ten como obxectivo fomentar e divulgar o patrimonio cultural entre a infancia e a mocidade a través das obras e coleccións expostos no Sexto Edificio, no Edificio Sarmiento e nas Ruínas de San Domingos e tamén celebrar o 90 aniversario da creación do Museo de Pontevedra.

QUEN PODE PARTICIPAR

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o de secundaria, bacharelato, grao medio ou formación profesional básica, tanto a título individual coma en grupo, a condición de que estea representado por unha persoa maior de idade (nai, pai, titora ou titor legal) no caso de presentarse de forma individual ou pola Dirección ou Xefatura de estudos do centro escolar cando se presenten a nivel grupal, xa que todas as persoas participantes son menores de idade a 31 de decembro de 2018.

A participación será gratuíta.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

Existen catro categorías de participación:

-Categoría Infantil: para alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria.

-Categoría Benxamín: para alumnado que curse 1º e 2º de ESO.

-Categoría Alevín: para alumnado que curse 3º e 4º de ESO.

-Categoría Cadete: para alumnado de bacharelato, grao medio e formación profesional básica.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INSCRICIÓN

As persoas representantes legais (pais, nais, titores ou titoras) dos candidatos e candidatas ou ben a Dirección ou Xefatura de Estudos dos centros de ensino deberán completar o seguinte FORMULARIO.

A data límite para inscribirse é o 18 de xaneiro de 2019 e para enviar a curtametraxe o 12 de abril de 2019.

As curtas enviaranse a través dunha das seguintes opcións, especificando sempre en que categoría se inscriben:

1.- Mediante envío postal ou mensaxería dunha copia da curtametraxe e do formulario de solicitude á Secretaría do Museo de Pontevedra.

2.- Directamente na Secretaría do Museo de Pontevedra.

3.- En liña, a través do correo electrónico ou de plataformas de transferencias de datos, a curtas.museo@depo.gal

Cada participante ou grupo de participantes só poderá presentar unha curtametraxe. Os centros de ensino unicamente poderán presentar dúas curtametraxes por cada categoría.

As obras presentadas na presente edición do festival non poderán participar en vindeiras edicións.

TEMÁTICA

As curtametraxes presentadas deberán ter como obxectivo promover o patrimonio cultural exposto no Sexto Edificio, no Edificio Sarmiento e nas Ruínas de San Domingos ou celebrar o 90 aniversario da creación do Museo de Pontevedra desde a visión particular da infancia e a xuventude. Serán en galego e poderán incluír subtítulos para as persoas con discapacidade auditiva.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

As curtametraxes realizaranse con cámaras, videocámaras, tabletas ou teléfonos móbiles.  Deberán estar dirixidas, protagonizadas e realizadas exclusivamente por menores  e non poderá durar mais de cinco minutos, cos créditos incluídos.

EXHIBICIÓN

As curtametraxes que cumpran os criterios das bases de participación poderán visualizarse a través da páxina web  www.museo.depo.gal , no Facebook do Museo  ou na canle de Youtube a partir do 20 de maio de 2019 e tamén nas dependencias do Sexto Edificio ou do edificio Sarmiento.

SELECCIÓN E PREMIOS

Entregaranse oito premios, dous por cada categoría, previa selección do xurado. A organización da segunda edición do festival poderá declarar deserta algunha categoría ou realizar unha mención especial

As contías dos premios son as seguintes:

Categoría infantil:

-Primeiro premio: 600 euros.

-Segundo premio: 300 euros.

Categoría benxamín:

-Primeiro premio: 800 euros.

-Segundo premio: 500 euros

Categoría alevín:

-Primeiro premio: 1.000 euros.

-Segundo premio:   700 euros

Categoría cadete:

- Primeiro premio: 1.500 euros.

-Segundo premio: 1.000 euros

Mención especial  categorías infantil e benxamín:

200 euros para cada unha das categorías.

Mención especial categorías alevín e cadete:

400 euros para cada unha das categorías.

A Gala de clausura do festival, será o venres 31 de maio de 2019  no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra .

MÁIS INFORMACIÓN:

Museo de Pontevedra. Edificio Fernández López.

Rúa Pasantería, 2-12

36002 Pontevedra .

Teléfono: +34 986 80 41 00

Fax: +34 886 20 13 01

E-mail: curtas.museo@depo.gal

DESCARGAR TRÍPTICO EN PDF

PUBLICACIÓN DAS BASES COMPLETAS NO BOPPO

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra