Obradoiros complementarios da exposición O Sabio Caldas

Actualizado 16/10/2018 00:00

museo de pontevedra

Tres obradoiros de pintura con temáticas diferentes, aproximarán a nenas e nenos á figura do científico Francisco José de Caldas (1768-1816) nos seus traballos en botánica, astronomía e xeografía. O prazo de inscrición comeza o 16 de outubro.

No obradoiro Acuarela botánica, a través da elaboración manual y natural dos pigmentos, as nenas e os nenos crearán una acuarela dunn perfil xeográfico.

En  A cor das esferas realizarán cromatografías en papel emulando así as acuarelas que realizaba Caldas a partir das observacións cos seu telescopio de cometas e planetas como Marte ou Xúpiter.

En  Caderno de campo realizarán a encadernación do seu  propio inventario, lembrando así os pertenecentes á colección da expedición realizada por Caldas, tomando rexistros fitográficos de todo tipo de prantas mediante a estampación imitando a maneira de traballar que tiña o propio ilustrado.

Todas as actividades e explicacións estarán adaptadas aos diferentes tramos de idade.

Datas: sábados 20, 27 de outubro e 3, 10, 17 de novembro de 2018  

Número de participantes: 15 nenas/os por quenda

Idades: de 5 a 14 anos

Obradoiros:

ACUARELA BOTÁNICA:

De 5 a 9 anos (sábado 20 de outubro de 11:00 a 13:00 h)

De 10 a 14 anos (sábado 20 de outubro de 17 a 19 h)

 A COR DAS ESFERAS

De 5 a 9 anos (sábado 27 de outubro de 11:00 a 13:00 h)

De 10 a 14 anos (sábado 3 de novembro de 11:00 a 13:00 h) 

CADERNOS DE CAMPO

De 5 a 9 anos (sábado 10 de novembro de 11:00 a 13:00 h)

De 10 a 14 anos (sábado 17 de novembro de 11:00 a 13:00 h) 

Lugar: Sexto Edificio

Inscrición: a inscrición será por vía telefónica ou a través de correo electrónico. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Teléfono: 986 804 100 ext. 42412

Correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra