O Sexto Edificio acolle a III Xornada de Onomástica Galega

Actualizado 17/10/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 20 de outubro a Real Academia Galega volverá ao Museo de Pontevedra para celebrar a III Xornada de Onomástica Galega.

O programa deste ano estará dedicado aos alcumes con sete relatorios que abordarán, entre outras cuestións, a súa presenza nos apelidos e as súas raíces na antropoloxía. Haberá tamén achegas que irán desde os alcumes na Galicia medieval ata os nomes de usuarios e usuarias das persoas editoras da Wikipedia. A xornada, aberta a todo o público, rematará cunha mesa redonda que amosará como os topónimos poden verter luz en disciplinas tan variadas como a botánica, a literatura ou a historia.

ABRIR PROGRAMA EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra