De plumas e tintas. Un obradoiro para persoas adultas.

Actualizado 18/10/2018 00:00

museo de pontevedra

O martes 23 de outubro, de 11 a 12:30 h, e o xoves 8 de novembro, de 17:30 a 19 h, vaise realizar no Sexto Edificio o obradoiro De plumas e tintas dirixido a persoas adultas. Centrarase nos útiles máis habituais na evolución da escritura: as plumas e as tintas.

Usaranse plumas de aves e plumas feitas con canas para escribir con tintas naturais que se aprenderán a elaborar no momento usando elementos minerais como o carbón ou vexetais como a nogueira, o té e outras plantas ou froitas.

Cada participante poderá experimentar coas plumas e as diferentes tintas, gardando un espazo para amáis especial de todas: a invisible!

O obradoiro estará impartido por membros de Árbore, grupo de arqueólogos e arqueólogas que conta cunha dilatada experiencia profesional en diferentes ámbitos, tanto vencellados a proxectos de investigación como á arqueoloxía de campo ou á divulgación e didáctica.

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra