Visitas guiadas con Intérprete de Lingua de Signos Española (ILSE)

Actualizado 19/10/2018 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra, no seu compromiso por levar a cabo melloras nas condicións de accesibilidade ás salas de exposición das súas coleccións, porá en marcha en colaboración coa Federación de Asociacións de  Persoas Xordas de Galicia – FAXPG - un programa de visitas guiadas con intérprete de lingua de signos para grupos de persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva.

O obxectivo principal destas visitas é dar un novo paso cara un museo máis inclusivo, de xeito que as persoas xordas poidan participar en visitas guiadas dunha forma plena e en igualdade de condicións.

Os percorridos realizaranse a través dunha selección de obras representativas das coleccións do Museo e terán unha duración aproximada duns 60 minutos.

Os grupos terán un mínimo de 5 persoas e un máximo de 50. Cando sexan maiores de 25 persoas serán divididos á súa vez en dous máis reducidos, levando cada un o seu propio guía e o ILSE.

Datas: poderán elixir entre os seguintes sábados: 27 de outubro, 3 de novembro, 10 de novembro, 17 de novembro, 24 de novembro, 1 de decembro, 8 de decembro, 15 de decembro, 22 de decembro, 29 de decembro.

Hora:  a escoller entre ás 12 h ou as 16:30 h

A excepción do 8 de decembro, que polo horario de día festivo só se podería realizar na quenda das 12h)

Lugar: Sexto Edificio do Museo (R/Padre Amoedo, nº3)

Reserva: é necesario inscribirse cun mínimo dunha semana de antelación a través do seguinte correo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es  (horario de recepción de correos electrónicos de luns a venres de 8:30 a 14:30).

Precísase indicar:

Data elixida para a visita.

Número de persoas.

O nome das persoas participantes ou dun responsable da asociación organizadora.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra