Obradoiros para centros de ensino complementarios do segundo festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes.

Actualizado 22/10/2018 00:00

museo de pontevedra

Para facilitar a realización da curtametraxe o Museo de Pontevedra colaborará con todos os centros de ensino da provincia que impartan educación primaria, secundaria, bacharelato, graos medios ou formación profesional básica convidándoos a realizaren unha visita guiada sobre a temática escollida (incluíndo as Ruínas de San Domingos) e elixir un dos seguintes obradoiros a realizar nas instalación do Museo ou no centro de ensino:

  • Obradoiro de gravado (No Sexto Edificio)
  • Rexistro de arte rupestre (No Sexto Edificio)
  • Produción dunha curtametraxe (No centro de ensino)
  • Charla práctica da realización dunha audiovisual (No centro de ensino)
  • Creación dunha curtametraxe documental (No centro de ensino)
  • Crea mundos imaxinarios coa ferramenta Croma Key (No centro de ensino)

No caso das actividades que se realicen nas súas instalacións, o Museo financiará, ata esgotar a dotación orzamentaria, un autobús por categoría de participación, e ata dous autobuses por centro, no caso de participar en máis categorías. Quedarán excluídos da axuda os centros escolares do núcleo urbano da cidade de Pontevedra.

Non se require participar nas actividades sinaladas para realizar a curtametraxe. Pero, no caso de tomar parte nelas, é obrigatoria a presentación ao Festival da devandita curtametraxe.

Máis información curtas.museo@depo.es

SOLICITUDE TELEMÁTICA

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra