VIII Encontro de Conservación e Restauración

Actualizado 23/10/2018 00:00

museo de pontevedra

Os días 14, 15 e 16 de novembro vai ter lugar no Sexto Edificio a octava edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O conxunto patrimonial no que se vai centrar este ano 2018 é a Arte rupestre.

Nesta ocasión un grupo de expertos abordarán temas moi amplos relacionados con ela, desde a descrición das súas características aos métodos de estudo e conservación, con magníficos exemplos dalgunhas solucións de protección.

A inscrición pode facerse ata o día 9 de novembro premendo na ligazón seguinte:

INSCRICIÓN

Información: secretaria.museo@depo.es; teléfono 986 804 100, ext. 42436.

Mércores 14    

9:30h   Acto de inauguración  

10:00h "Arte rupestre ibérica"

Rodrigo de Balbín e Primitiva Bueno

Universidade de Alcalá

11:30h Descanso         

12:00h "Reflexións sobre a conservación da Arte rupestre galega: unha perspectiva empírica  de máis de medio século”

Antonio De La Peña Santos

Museo de Pontevedra

13:30h Coloquio         

16:30h "Liñas estratéxicas de protección para a Arte rupestre"

Fernando Carrera

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

18:00h "A documentación gráfica de bens culturais: unha aproximación crítica"

José M. Pereira

Especialista en imaxe dixital

19:30h Coloquio         

20:00h - 21:30h Visita salas Museo - Edificio Sarmiento

Xoves 15

9:30h   "Caracterización e datación da Arte rupestre"

Marcos García Diez

Universidade Isabel I

11:00h Descanso         

11:30h "A acción cidadá: experiencia desde as asociacións de protección do patrimonio cultural"

Antón Bouzas Sierra

Colectivo a Rula

13:00h Coloquio         

16:30h "A conservación preventiva na Arte rupestre levantina"

Inés Domingo Sanz

Universidade de Barcelona

18:00h "Conservación de pinturas rupestres: Tratamentos conservativos; consolidación, adhesión e limpeza. Intervencións realizadas en pinturas rupestres."

Laura Ballester

Restauradora de Arte rupestre

20:00h - 21:30h  Visita salas Museo – Sexto Edificio

Venres 16       

9:30h "Os problemas de conservación da Cova de Altamira e a investigación aplicada para a súa conservación"

Alfredo Prada

Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira

11:00h Descanso

11:30h "Siega verde, Arte rupestre ao aire libre: do plan de conservación ao plan de xestión de riscos e emerxencias"

Cristina Escudero Remirez

Unidade de Xestión de Riscos e Emerxencias en Patrimonio Cultural de Castela e León

13:00h Coloquio

13:30h Clausura

SEGUIR TRANSMISIÓN EN DIRECTO

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra