Obradoiro de ex libris para persoas adultas.

Actualizado 12/11/2018 00:00

museo de pontevedra

O xoves 22 de novembro, de 17:30 a 19 h, vaise realizar no Sexto Edificio un obradoiro de ex libris para persoas adultas.

Un ex libris é unha marca de propiedade que normalmente consiste nunha estampa, etiqueta ou selo que adoita colocarse no reverso da cuberta ou tapa dun libro, e que contén o nome do dono do exemplar ou da biblioteca propietaria.

Esta actividade estará basada nos ex libris de persoeiros históricos galegos do século XX, coma Antón Iglesias Vilarelle, Filgueira Valverde ou Castelao... pezas que se conservan no Museo.

Inscrición:

A participación é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra