Música no Museo. Gema Hernández

Actualizado 19/11/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 23 de novembro, ás sete da tarde, celebrarase no salón de actos do Sexto, unha nova xornada de Música no Museo. Esta vez a protagonista será Gema  Hernández.

Gema Hernández, Zamora 1985, licenciada en guitarra clásica e diplomada en Maxisterio musical, fórmase en Jazz con Celia  Mur, profesora de  Berklee  College  of  Music.

En 2009 comeza a darlle forma ao que será o seu primeiro disco Lo que vendrá, gravado en directo en 2013 no Teatro Principal de Zamora e producido por  ValveRecord con arranxos de Diego Rojo (La Sonrisa de Julia).

Forma parte de concursos de canción de autor como o Concurso Internacional de Jóvenes cantautores de Burgos, Concurso Ciudad de Melilla e o encontro anual no  Pay- Pay en Cádiz resultando finalista.

En 2017 resulta gañadora no Certame de Jóvenes Cantautores de Elxe coa canción “22 horas en vela”.

Protagonista do musical Jesucristo  Superstar no Palau da música de Valencia en 2010 e 2011 e posteriormente en 2017 baixo a produción de  Creavi  Music e dirixido polo mestre Pepe Herrero, actual director musical de Mónica  Naranjo e outros proxectos tales como  Stravaganzza.

En 2014 trasládase a Eivissa para formar parte da marca  Hard Rock como cantante residente ata a actualidade. Será nesta illa onde se desenvolvan as novas ideas que conformarán o seu segundo disco.

En marzo de 2017 entra no estudo para gravar Temporal producido por  Anti  Horrillo en  Anti  Studio. Contou coas colaboracións de  Basilio  Martí (Antonio Vega), La Chica Metáfora e Leo Jiménez.

Temporal é un disco-libro formado por doce cancións que apostan por un son persoal dentro da canción de autor. Gravado con músicos como Carlos  Expósito,  Matías de  Vallejo, Álvaro Tenorio e Samuel Pérez.

Gema Hernández,  corista de Mónica  Naranjo e colaboradora de Coque Malla para a súa canción  Termonuclear, deixa ver as súas influencias neste percorrido musical onde voz e guitarra son os elementos fundamentais.

Afincada en Madrid conserva a súa cita mensual nas salas máis emblemáticas da capital como Liberdade 8, Búho Real e Galileo Galilei.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra