Os nomes galegos: da prehistoria ao latín. Obradoiro para familias

Actualizado 19/11/2018 00:05

museo de pontevedra

Os sábados 24 de novembro e 22 de decembro, de 17 a 19 h, vaise realizar no Sexto Edificio o obradoiro Os nomes galegos: da prehistoria ao latín dirixido a familias.

Dos pobos que ocupaban a Gallaecia antes da chegada romana coñécense moitos aspectos que teñen que ver co material: asentamentos, alimentación, armamento... Porén, dada a ausencia de escrita nestes pobos prerromanos, o que sabemos da lingua e os nomes antigos é precisamente a través de Roma.

Coa chegada do mundo romano, o NO peninsular pasou da prehistoria á historia, introducindo pouco a pouco o uso da escritura e do latín.

Este momento pode ofrecernos moita información sobre os pobos que habitaban Galicia antes da conquista, e sobre a convivencia destes cos conquistadores romanos, aspectos que podemos rastrexar ás veces na escritura.

No obradoiro trataremos temas relativos a este proceso de introdución da linguaxe escrita nunha sociedade ágrafa, aprenderemos como son as letras romanas, e farémolo usando como exemplo as aras do Monte Facho, realizando cada participante unha pequena réplica de barro.

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra