Eu tamén animo! Obradoiro de animación en Stop motion

Actualizado 23/11/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 1 de decembro, de 11 a 13 h, vaise realizar no Sexto Edificio o obradoiro de animación Eu tamén animo!  no que rapazas e rapaces de entre 10 e 17 anos darán vida e movemento a algunha das obras de arte das nosas salas a través dunha técnica tan divertida e artesanal como é a animación en Stop motion.

Con todos os participantes ao taller, faranse varios grupos e cada un asumirá a animación dunha secuencia da obra coa imaxe e voz. Nas sesións, os rapaces e as rapazas participantes recibirán información sobre as técnicas tradicionais de animación e gravación de son.

Está impartido por OQO Editora.

Inscrición:

A participación é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra