A escrita en Galicia. Da Antigüidade á Idade Media. Obradoiro para persoas adultas

Actualizado 30/11/2018 00:00

museo de pontevedra

A escrita que pasa á historia é moitas veces a de grandes monumentos e grandes obras, pero detrás desa escrita oficial hai moitas outras máis discretas e cotiás. 

Neste obradoiro composto de dúas sesións vaise tratar sobre a chegada da escritura a Galicia da man dos romanos, e a súa evolución ata a Idade Media. 

Detalle do retablo de San Acadio e os dez mil mártires do Monte Ararat (ca. 1400). Sexto Edificio

Será eminentemente práctico e centrarase o primeiro día na chegada da escritura a unha sociedade ágrafa, usando como eixo a escritura romana máis doméstica, e o segundo na importancia da imaxe asociada á escritura na Galicia medieval.

Estará impartido por membros de Árbore, grupo que conta cunha dilatada experiencia profesional en diferentes ámbitos, tanto vencellados a proxectos de investigación como á arqueoloxía de campo ou á divulgación e didáctica.

Data:

11 e 12 de decembro de 17:30 a 19 h

Sexto Edificio

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a:curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra