NadalArte 2018/2019

Actualizado 10/12/2018 00:00

museo de pontevedra

Nadalarte498.jpg

Entre as celebracións sinaladas destas datas está a benvida ao ano novo, tema no que poremos o acento nos obradoiros do museo durante este Nadal.

A través da obra De par en par  (1981) do artista galego Guillermo A. Monroy (1954 – 1982), alma mater do movemento artístico “Atlántica” que reactivou a arte galega nos anos 80, prepararémonos para introducirnos no tema do cambio, do tempo que semella reiniciarse e, de como o ser humano precisa medilo, secuencialo...

Precisamente, os nenos e nenas realizarán o seu propio calendario a partir dunha interpretación libre desta obra de Monroy, que representa a singular ventá de contras abertas que lle permitía esculcar o mundo e reinventalo a través da pintura; aos cativos e cativas serviralles para dar a benvida ao novo ano.

Poderán participar nenas e nenos de 5 a 12 anos organizados por idades, ata un máximo de 15 por sesión. Deben elixir un dos seguintes días:

Datas:
Nenas e nenos de 5 a 8 anos: 26, 27 e 28 de decembro
Nenas e nenos de 9 a 12 anos: 2, 3 e 4 de xaneiro
Horario: 11:00 – 13:00
Lugar: Sexto Edificio
Inscrición:
Pódese facer chamando ao 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.gal (en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 h). Será por rigoroso orde de chegada.
Observacións: é necesario traer roupa que se poida manchar.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra