Obradoiro de Chroma Key para público infantil e xuvenil

Actualizado 13/12/2018 00:00

museo de pontevedra

Con motivo da celebración do festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes vanse realizar no Sexto Edificio dous obradoiros sobre a técnica de Chroma Key para público infantil e xuvenil comprendido entre 10 e 17 anos. Serán os días 26 e 27 de decembro, entre as 11 e as 13 h.

Esta ferramenta, tan utilizada en cinema e en televisión, outorgará aos participantes a posibilidade deixar voar a imaxinación e obter imaxes que doutro xeito non sería posible.

O  Chroma  key é a técnica de gravación con pantalla verde que permite, grazas a un programa de edición, suprimir ese fondo e substituílo por calquera imaxe. Desta maneira pódese viaxar polo espazo, nadar polo fondo do mar ou estar no sitio ou época que queiramos.

Inscrición:

A participación nesta actividade é gratuíta pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100  ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra