Presentación da revista Románico

Actualizado 17/12/2018 00:00

museo de pontevedra

O mércores 19 preséntase no Sexto Edificio, ás 20 h, o número 27 da revista Románico editada cada seis meses pola asociación Amigos del Románico.

Na presentación intervirán:Carlos  Bouso Aragonés, Daniel Fernández García, Augusto  Guedes de Castro e Carlos Valle Pérez.

A filosofía da asociación de Amigos del Románico poderíase reducir a tres conceptos: coñecer, divulgar, conservar. En función diso, a Asociación, que hoxe agrupa a un número que supera o milleiro de socios e que se pode definir de internacional, vén deseñando desde o ano da súa fundación, 2005, unha serie de estratexias dirixidas á posta en valor do patrimonio románico: Xornadas para Mozos Investigadores, Xornadas sobre Arte  Románica, Fins de semana  Románico e Xornadas de  Románico Local e o buque insignia que é a publicación semestral  ROMÁNICO, na que se publican artigos orixinais e colaboracións sobre Arte  Románica con especial coidado na parte gráfica.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra