Trogloditas. Teatro de monicreques no Sexto Edificio

Actualizado 20/12/2018 00:00

museo de pontevedra

A compañía de teatro de monicreques Tanxarina presenta no salón de actos do Sexto Edificio Trogloditas  un espectáculo cheo de humor e tolería ao que poderán asitir persoas de todas as idades. Será o venres 28 de decembro ás 18 h.

A entrada é de balde ata completar aforo pero hai que recoller previamente a invitación no Sexto Edificio do Museo.

Da man dos monicreques e das súas primitivas habilidades o público asistente vai coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o público perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Tanxarina es unha compañía de teatro de monicreques galega con máis de 35 años de traxectoria artística.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra