Visitas guiadas - Nadal 2018/2019

Actualizado 20/12/2018 00:05

museo de pontevedra

Do sábado 22 de decembro ao sábado 5 de xaneiro o Museo pon en marcha un programa especial de visitas guiadas para aquelas persoas que, sen formar parte dun grupo concertado, desexen coñecer ás obras máis representativas dos edificios Sexto e Sarmiento. Son de balde e non se require inscrición.

Nestes percorridos ocupará un lugar destacado a exposición dos debuxos orixinais Álbum Nós de Castelao.

De mércores a venres: 12 h e 18 h
Sábados: 12 h
Os domingos ás 11:30 h mantéñense as visitas habituais ao Sexto Edificio dentro do programa Achégate ao Sexto!

O sábado 29 de decembro, iniciaranse tamén as visitas guiadas á exposición temporal Sileno. Humor gráfico y política.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra