Concerto Despedida do Vilancico

Actualizado 07/01/2019 00:00

museo de pontevedra

O coro dos ex-cantores dos institutos de Pontevedra, dirixido por Enrique J. Lareo Martín, ofrecerá o sábado 12 de xaneiro  ás 20 h na Igrexa de San Bartolomeu a sesaxésimo primeira edición do concerto Despedida do Vilancico, no que esta agrupación, tal e como leva facendo desde os seus inicios, ofrecerá un selecto repertorio de música de Nadal, tanto antiga como contemporánea.

O coro naceu en 1955 da man do profesor Filgueira Valverde e estaba integrado exclusivamente por alumnado dos institutos; unha iniciativa apoiada e favorecida por un exemplar claustro de docentes que lle daba desa maneira continuidade a proxectos anteriores na vida musical da cidade de Pontevedra, a cal contaba cunha fecunda tradición neste eido.

A súa  primeira actuación pública tivo lugar o 16 de marzo de 1955 no mosteiro de Poio.

PROGRAMA

No la debemos dormir

Cancioneiro de Upsala, s. XVI

Frei Ambrosio Montesino (1444? -1514)

Verbum caro                                   

Cancioneiro de Upsala, s. XVI, anónimo

Jesus Christ is born                       

 Nathaniel Dett (1882-1943)

No seio da Virgem Mai               

S. Ribeiro (1898-1966), Natal de Elva (Portugal)

Deitadiño está nas pallas

Trad. portuguesa

Harm. Agustín Isorna (1914-1966)

Est is ein Ros entsprungen        

 Michel Praetorius (1571-1621)

Stille Nacht                                      

Franz Grubert (1787-1863)

O Tannenbaum                              

Ernst Anschütz (1797-1855)

Arranxo musical: Agustín Isorna (1914-1966)

Le message des anges 

Trad. francesa, século XIII

Harm. Agustín Isorna (1914-1966)

Adeste Fideles               

Himno popular c. 1640

Harm. John Reading (c. 1685-1764)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra