A vixencia do legado Castelao na conmemoración do aniversario do seu nacemento

Actualizado 23/01/2019 00:00

museo de pontevedra

A vixencia do legado Castelao na conmemoración do aniversario do seu nacemento será o tema central do acto que a Deputación de Pontevedra vai celebrar o mércores 30, ás 19:30 h, no Sexto Edificio. Nel presentarase o estoxo editado pola Editorial Galaxia cos tres álbums de guerra e prólogo de Xesús Alonso Montero.

Intervirán:

-   Carmela Silva. Presidenta da Deputación

-   Xosé Leal. Deputado de Cultura e Lingua

-   Francisco Castro. Director xeral da Editorial Galaxia

-   Xesús Alonso Montero. Escritor

-   Diana Vilas. Investigadora

Despois das intervencións servirase un petisco elaborado polo alumnado do CIFP Carlos Oroza seguindo o menú da cea organizada en 1918 polo Casino de Pontevedra que ilustrou Castelao con diversas caricaturas.

Poderán participar todas as persoas que o desexen ata cubrir o aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra