A colección de ourivería Christofle do Museo de Pontevedra

Actualizado 05/02/2019 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra posúe unha importante colección de ourivería da Casa Christofle que pertenceron ás irmás Concha e María Mendoza Babiano, sobriñas netas do ilustre mariño pontevedrés Casto Méndez Núñez.

Froiteiro de alpaca da colección "bord de tullipe" ou "bordo de tulipán"

Trátase dun conxunto de 52 pezas de ourivería de indubidable interese, realizado sobre todo en alpaca, pertencente a unha serie limitada que conforma unha colección que a Casa Christofle denominou “Bord de  tulipe” polos seus motivos naturalistas e presentar os bordos decorados coa flor do  tulipán. Fórmano pratos, froiteiros, ensaladeiras, bandexas, licoreiras, sopeiras,  salseiras… coas súas  respectivas marcas e número de edición.

A Casa Christofle é unha empresa de longa historia. Fundada en 1839 por Charles Christofle covertiríase nun dos emblemas de Francia.

As irmás Mendoza Babiano desempeñaron un papel moi destacado na vida social e cultural da Pontevedra de principios do século XX.

Erea Castro Alfonso estuda esta interesante colección no seguinte artigo que se pode abrir en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra