Música do pasado. Obradoiro para público infantil

Actualizado 11/02/2019 00:00

museo de pontevedra

Os sábados 23 de febreiro e 16 de marzo  terá lugar no Sexto Edificio o obradoiro “Música do pasado”, dirixido ao público infantil de cinco a doce anos. Nel achegarase aos máis pequenos os misterios da música na prehistoria: orixes e evolución, materiais utilizados, tipos de instrumentos e situacións sociais que propiciaban o desenvolvemento de cánticos ou pezas musicais.

As nenas e o nenos  participantes poderán analizar, descubrir e comprender a función da música experimentando directamente con diferentes materiais do pasado. Seguidamente, realizarán unha zoadeira que poderán gravar e decorar con pigmentos naturais, peza que levarán para as súas casas como lembranza da actividade realizada.

Poderán participar nenas e nenos de 5 a 12 anos organizados por idades, ata un máximo de 15 por sesión. Deben elixir un dos seguintes días:

Datas:

Nenas e nenos de 5 a 8 anos: 23 de febreiro 
Nenas e nenos de 9 a 12 anos: 16 de marzo
Horario: 11:00 – 13:00
Lugar: Sexto Edificio

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra