Mulleres fotógrafas. Obradoiro

Actualizado 22/02/2019 00:00

museo de pontevedra

Neste obradoiro experimental achegarémonos ao mundo da fotografía e das mulleres que fixeron historia neste eido. Neste senso debuxarase un eixe cronolóxico que comezará coas fotógrafas pioneiras ata as protestas dos anos 70, facendo fincapé na evolución da profesión e explicando algunhas das máis afamadas fotógrafas: artistas, documentalistas e fotógrafas de prensa.

Afondarase tamén na vida das fotógrafas galegas ou relacionadas con Galicia que fixeron historia. Coma Antonia Santos García, Cándida Otero, Maria Cardarelly, que xa forman parte da historia da cultura fotográfica galega.

Ademais haberá unha parte práctica na que se creará unha cámara fotográfica caseira que poderán levar os participantes como lembranza da actividade.

Destinatarios: nenas e nenos de 10 a 14 anos.

Data: 5 de marzo
Horario: 11:00 – 13:00

Lugar: Sexto Edificio

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico  a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra