Que é o cinema? Un achegamento á plataforma CinEd. Xornada formativa

Actualizado 27/02/2019 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra organiza, no marco do Proxecto Telecultura 2018-2019 , unha xornada formativa na disciplina do audiovisual impartida pola  Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas . Está  dirixida aos docentes de centros  de ensino, especialmente daqueles que o seu alumnado  participa  no II Festival Audiovisual Infantil e Xuvenil  “O Museo de Pontevedra en curtametraxes”, e persoal doutras  entidades do ámbito social, cultural e educativo.

Nesta xornada práctica,  o persoal da Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas explicará a Plataforma CinEd, unha ferramenta gratuíta a través da cal os participantes poderán descubrir dunha forma activa, reflexiva e creativa o mundo do cine para traballar áreas curriculares diversas co seu alumnado. Tamén se proporcionarán nocións da edición fílmica e as diferentes ferramentas que existen na actualidade.

Data de realización:

15 de marzo de 16:30 h a 20:30 h no Sexto Edificio.

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou enviando un correo electrónico a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra