Programa de visitas guiadas con Intérprete de Lingua de Signos Española ( ILSE)

Actualizado 04/03/2019 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra, en colaboración coa Federación de Asociacións de  Persoas Xordas de Galicia –  FAXPG –, pon de novo en marcha  un programa de visitas guiadas con intérprete de lingua de signos para persoas xordas,  xordocegas e con discapacidade  auditiva.

As visitas realizaranse a través dunha selección de obras representativas das coleccións do Museo e terán unha duración aproximada de 60 minutos.

Poden participar grupos de particulares (familias, amigos…) e asociacións pero deben ser dun mínimo de 5 persoas e un máximo de 50. Cando excedan das 25 persoas serán á súa vez divididos en dous grupos que irán acompañados por unha ou un guía do museo e un  ILSE.

Datas: poderán escoller entre os seguintes sábados:
16 de marzo, 6 de abril, 4 de maio, 1 de xuño, 6 de xullo, 3 de agosto, 7 de setembro, 5 de outubro, 2 de novembro e 7 de decembro
Hora: ás 12:00.
Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (R/Padre Amoedo, nº3)
Reserva: é necesario inscribirse cun mínimo dunha semana de antelación a través do correo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es (horario de atención de correos electrónicos de luns a venres de 8:30 a 14:30).
Datos necesarios: Data elixida para a visita, número de persoas, tipo de grupo: familiar, con nenos e adultos, asociación (neste caso, especificar nome da asociación).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra