Contacontos para público infantil e familiar dedicado á figura de Luis Seoane

Actualizado 01/04/2019 00:00

museo de pontevedra

O venres 5 de abril ás 18 h vaise realizar no Sexto Edificio unha sesión de contacontos dedicado á vida e á obra de Luis Seoane. Está realizado por “Polo Correo do Vento” e dirixido a un público familiar a partir de 5 anos.

O relato, narrado por Enrique Mauricio, será ilustrado en vivo polo debuxante Carlos Taboada, que rematará a actividade realizando coas nenas e os nenos un pequeno obradoiro de debuxo.

Luis Seoane (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979) é a figura homenaxeada este ano pola Real Academia Galega de Belas Artes quen lle dedicou o Día das Artes Galegas 2019.

Non se require inscrición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra