Obradoiro Arte que soa

Actualizado 02/04/2019 00:00

museo de pontevedra

Os días 16 e 17 de abril imos celebrar para o público de diferentes idades unha nova edición do obradoiro Arte que soa. Trátase dunha actividade na que se propón traballar as sensacións e percepcións que transmiten algunhas das pinturas da colección do Museo. Nela as persoas participantes poñeranlle son a unhas obras que o público acotío contempla en silencio.

Búscase o traballo grupal e a potenciación da comunicación interxeneracional , o que dará como resultado unha experiencia moito máis enriquecedora. A proposta é que pais, nais, avós, avoas… se animen a vir cos rapazada (fillas, fillos, netas, netos, sobriñas, sobriños, curmás…).

Datas: 16 e 17 de abril (As persoas que desexen participar escollerán unha destas datas)

Horario: de 11:30 a 13:30 h

Lugar: Sexto Edificio

Inscrición: será por vía telefónica ou a través de correo electrónico. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Teléfono: 986 804 100 ext. 42412
Correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra