Paisaxes de sempre para nenas e nenos de agora. Obradoiro de arte e arquitectura para a infancia.

Actualizado 03/05/2019 00:00

museo de pontevedra

Con motivo da exposición Carlos Maside en Combarro vai ter lugar no Sexto Edificio o obradoiro Paisaxes de sempre para nenas e nenos de agora dirixido a un público infantil de 4 a 10 anos. Trátase dunha actividade amena e divertida na que a arquitectura e a paisaxe son as protagonistas.

A metodoloxía desta proposta educativa, na que se investiga sobre a contorna e o patrimonio cultural, inclúe unha parte teórica onde se exporán brevemente conceptos arquitectónicos e artísticos e unha parte práctica, onde se elixirá e reinterpretará unha das paisaxes pintadas por Carlos Maside materializándoa coa construción dunha maqueta colectiva entre as nenas e os nenos participantes.

Nenas e nenos de 4 a 6 anos

Sábado 11 de maio

De 11:00 a 13:00 h

Ata 10 participantes

Nenas e nenos de 7 a 10 anos

Sábado 25 de maio

De 11:00 a 13:00 h

Ata 15 participantes

Inscrición:

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42315 ou 42413 ou enviando un correo electrónico a: curtas.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra