Celebrando a Seoane

Actualizado 09/05/2019 00:00

museo de pontevedra

Cunha pequena mostra expositiva, un programa de visitas guiadas e un obradoiro para o público infantil imos lembrar á figura de Luis Seoane (Buenos Aires, 1910 - A Coruña, 1979) como pintor, debuxante, gravador, ceramista, deseñador, humanista …

Estas actividades forman parte dos actos de recoñecemento que estamos a realizar durante este ano 2019 co gallo de dedicarlle a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas.

EXPOSICIÓN

A apertura da mostra  terá lugar o xoves 16 de maio no Sexto Edificio e permanecerá aberta ata o 23 de xuño.

Nela combinaranse lenzos e gravados do artista, con material cerámico e bibliográfico que forman parte da colección do Museo, tratando de ofrecer unha visión bastante completa e cronolóxica da súa evolución creativa.

VISITAS GUIADAS

A partir do xoves 30 de maio faranse visitas guiadas para o público adulto non organizado en grupos todos os xoves ás 12 h. En estos casos non se precisa inscrpción.

Os grupos organizados deben concertar cita co Gabinete Didáctico.

OBRADOIRO: Construíndo con Seoane.

Destinatarios: Nenas e nenos de 6 a 12 anos

Data: Sábado 8 de xuño

Horario: Quenda de mañá de 11 a 13 h. Quenda da tarde de 17 a 19 h.

Número de participantes: 14 por quenda

Despois dunha introdución á obra e biografía do artista, o público infantil realizará un obradoiro artístico no que se realizarán creacións colectivas utilizando a técnica do cadáver exquisito. Con ela, a partir dos personaxes dos cadros de Seoane, as nenas e os nenos xogarán, debuxarán e pintarán sobre papeis previamente pregados, que ao abrilos, darán resultados inesperados.

A participación nesta actividade é de balde pero hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono: 986 804 100 ext. 42413 ou enviando un correo electrónico a: gabinetedidactico.museo@depo.es

O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra