De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao. Libro en banda deseñada, contacontos e obradoiro infantil.

Actualizado 10/05/2019 00:00

museo de pontevedra

Coa finalidade de sumarse aos homenaxes á figura de Antonio Fraguas, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, o Museo presenta o vindeiro xoves dia 16 de maio, ás 18:00 h, o libro en banda deseñada De  cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao.

De seguido, sobre esta obra, haberá unha sesión de contacontos e un obradoiro para o público infantil a cargo de Polo Correo do Vento.

Ao remate celebrarase un pequeno sorteo para o reparto de agasallos ás nenas e nenos asistentes.

Esta actividade terá lugar na área de cristal do Sexto Edificio e non precisa inscrición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra