Visualización das curtas galardoadas no II Festival audiovisual O Museo de Pontevedra en curtametraxes e entrega de premios

Actualizado 29/05/2019 00:00

museo de pontevedra

O venres 31 de maio ás 18 h da tarde vai ter lugar no salón de actos do Sexto Edificio a visualización das curtametraxes galardoadas no segundo certame audiovisual infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes  entrega dos premios ás mozas e os mozos participantes. A entrada é libre ata completar o aforo.

O certame ten como obxectivo divulgar o patrimonio cultural entre a infancia e a mocidade a través das obras e coleccións expostas no Sexto Edificio, edificio Sarmiento e as Ruínas de San Domingos.

As categorías de participación foron ‘Infantil' para alumnado que cursa 5.º e 6.º de primaria, ‘Benxamín' para alumnado de 1.º e 2.º da ESO, ‘Alevín' para 3.º e 4.º da ESO, e ‘Cadete' para alumnado de Bacharelato, Graos Medios e Formación Profesional Básica.

Os premios concederanse por categorías do seguinte xeito:  Infantil con 600 euros para primeiro premio e 300 euros para o segundo; Benxamín con 800 euros para primeiro e 500 para segundo; Alevín con 1.000 para o primeiro e 700 euros para o segundo; e Cadete con 1.500 euros para o primeiro e 1.000 para o segundo premio.

Se así o decide o xurado, poderá haber mencións especiais para outras curtametraxes.

O xurado que presidirá Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua, estará composto por Anxos Fazáns, directora de cine; Ángel Sánchez, organización Play-doc de Tui; Paula Tilve, técnica do gabinete didáctico do Museo e José Manuel Castaño, coordinador de contidos divulgativos do Museo.

VER TODAS AS CURTAMETRAXES ADMITIDAS

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra