Curtametraxes premiadas no II Festival audiovisual infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes

Actualizado 31/05/2019 00:00

museo de pontevedra

O venres 31 de maio tivo lugar no Sexto Edificio a entrega de premios do II Festival audiovisual infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes  no que puido participar, a nivel colectivo ou individual, o alumnado dos centros de ensino non universitario da provincia de Pontevedra desde 5º de Primaria.

Ademais dun primeiro e segundo premio por cada categoría houbo varias mencións especiais que se outorgaron tendo en conta a participación e as puntuacións moi disputadas.

As curtametraxes gañadoras nas diferentes categorías foron as seguintes:

CATEGORÍA INFANTIL

1º Premio de 600 €

Alumnado de 6º de Primaria do CEIP SAN CLEMENTE de Caldas de Reis pola curtametraxe: SILGADAS, O TESOURO ESCONDIDO.

2º Premio de 300  €

Alumnado de 5º de Primaria do CEIP SOBRADA de Tomiño  pola curtametraxe: TOMIÑO NO MUSEO.

1º Mención especial 200 €

Alumnado de 5º de Primaria do  CEIP  PLURILNGÜE ROSALÍA DE CASTRO de Carril, pola curtametraxe A TRAVÉS DA HISTORIA DO MUSEO

2º Mención especial de 200 €

Alumnado de 5º de Primaria do  CEIP de VILAXOÁN de Vilagarcía de Arousa, pola curtametraxe COUSAS DE CASTELAO.

CATEGORÍA BENXAMÍN:

1º Premio de 800 €

Alumnado de 1º da  ESO DO CPR PLURILINGÜE LABOR  de Vigo, pola curtametraxe: O NOVO PETRÓGLIFO.

2º Premio de 500 €

SOFíA RIAL VIDAL de Pontevedra  pola curtametraxe: VIAXE NO TEMPO.

Mención especial de 200 €

Alumnado de 1º da  ESO DO COLEXIO EDUARDO PONDAL de Cangas, pola curtametraxe: UN RETO MOI RETRO.

CATEGORÍA ALEVÍN:

1º Mención especial de 400 €

Alumnado de 4º da  ESO do CPR PLURILINGÜE LABOR  de Vigo, pola curtametraxe: VIAXE NO TEMPO.

2º Mención especial de  400 €

Alumnado de 4º da  ESO DO CPR PLURILINGÜE LABOR de Vigo, pola curtametraxe: GALLAECIA ANTIQVA.

CATEGORÍA CADETE:

1º Premio de 1.500 €

DAVID SOTELO, GUILLERMO BOUZAS e MARIO ACUÑA de Pontevedra, pola curtametraxe: ARROUTADA.

2º Premio de 1.000 €

MANUEL ALBARIÑAS e NEE BARROS de Marín, pola curtametraxe: A HISTORIA SEGUE NO MUSEO.

1º Mención especial de 400 €

Alumnado de 2º de BACHARELATO do IES DE SALVATERRA DE MIÑO, pola curtametraxe FESTA GALEGA.

2º Mención especial de 400 €

LAURA SOMOZA GARCÍA, AMIGAS e AMIGOS de Pontevedra, pola curtametraxe: INNATO

VER TODAS AS CURTAMETRAXES ADMITIDAS

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra