Maside na solaina. Faladoiro ao redor da estancia de Carlos Maside en Combarro

Actualizado 06/06/2019 00:00

museo de pontevedra

Dentro das actividades complementarias da exposición Carlos Maside en Combarro, que se pode visitar no Sexto Edificio, vai ter lugar o mércores 12 de xuño ás 19 h o faladoiro Maside na solaina. Intervirán Ramón Rozas, Rafael Vallejo, Mª Esther Rodríguez e Andrés Dacosta. Entrada libre.

Mulleres falando na rúa
Acuarela/papel

Na imaxe unha das moitas acuarelas nas que o artista plasmou a vida cotiá da fermosa vila mariñeira onde residiu entre agosto e outubro de 1952, tres meses nos que realizou unha intensa actividade creadora.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra