Obradoiros de Verán 2019

Actualizado 17/06/2019 00:00

museo de pontevedra

Catro temáticas diferentes abarcan os obradoiros de verán que o Museo vai celebrar nos meses de xullo e agosto co público infantil. A inscrición pódese realizar ata o 27 de xuño. Haberá dúas quendas por obradoiro en función da idade dos participantes. En total acolleranse 120 participantes.

CERÁMICA CREATIVA: ARREDOR DE LUIS SEOANE

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 5 a 8 anos

Do 1 ao 5 de xullo (11 a 13 h)

Nenos/as de 9 a 12 anos

Do 8 ao 12 de xullo (11 a 13:30 h)

PEQUEÓLOGOS/AS: OBRADOIRO DE EXIPTOLOXÍA

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 5 a 8 anos

Do 16 ao 19 de xullo (11 a 13 h)

Nenos/as de 9 a 13 anos

Do 22 ao 26 de xullo (11 a 13:00 h)

O OBXECTO E O ESPAZO COTIÁ NA OBRA DE MULLERES ARTISTAS

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 9 a 11 anos

Do 30 de xullo ao 2 de agosto (11 a 13 h)

Nenos/as de 12 a 14 anos

Do 6 ao 9 de agosto (11:00 a 13:00h

UNHA OLLADA AO PASADO. VIAXANDO POLA PREHISTORIA DE GALICIA

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 5 a 8 anos

Do 20 ao 23 de agosto (11:00 a 13:00h)

 Nenos/as de 9 a 12 anos

Do 27 ao 30 de agosto (11:00 a 13:00h)

PRAZAS ESGOTADAS

Adxudicación das prazas: Darase un obradoiro por nena ou neno. No caso de que houbese máis demanda que prazas, estas adxudicaranse por sorteo público o dia 28 de xuño ás 9:30 h no edificio Fernández López do Museo.

Listas de admisións: os pais/nais deberán estar pendentes da consulta das listas que se farán públicas a través da Web do Museo. Tamén poderán consultalas no punto de información do Sexto Edificio.

BASES COMPLETAS NO BOPPO

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra