A Exposición. Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación

Actualizado 26/06/2019 00:00

museo de pontevedra

Co título de “A Exposición”, o alumnado do Mestrado en Arte Contemporánea da Facultade de Belas Artes de Pontevedra amosan no Sexto Edificio do 27 de xuño ao 28 de xullo o seu traballo final. A inauguración terá lugar o xoves 27 de xuño ás 20 h.

Detrás das obras dos dez artistas  que se exhiben nesta mostra, na que colabora o Museo de Pontevedra desde hai anos, agóchanse moitas horas de clase, consellos e orientacións das titoras e titores, encontros con artistas e persoas do eido da investigación, traballos de taller…

Chelo Matesanz e Juan Carlos Román, docentes deste mestrado en Arte Contemporánea, coordinan esta exposición.

Premer na imaxe para ampliar

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra