VIII Xornadas de Exiptoloxía

Actualizado 04/07/2019 00:00

museo de pontevedra

“A muller no culto funerario: vestixios achados na tumba do visir Amen-Hotep Huy” e “Resultados da campaña 2018 na tumba do visir Amen-Hotep Huy”  son os títulos das conferencias que Teresa Bedman e Francisco Martin-Valentin, respectivamente,  van a ofrecer dentro das Xornadas de Exiptoloxía que se celebran por oitava vez. Serán os días 18 e 19 de xullo ás 19 h. A entrada é libre ata completar a cabida do salón de actos do Sexto Edificio.

Teresa Bedman, exiptóloga e directora xunto ao Dr. Martín-Valentín do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, falará o 18 de xullo da importancia da muller no Antigo Exipto, no contexto funerario e centrará a súa conferencia nos obxectos achados no Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, que foron utilizados ritualmente por estas mulleres. As conclusións destes achados expóñense por primeira vez no Museo de Pontevedra o día 18 de xullo.

Pola súa banda, O Dr. Francisco Martín-Valentín, durante a conferencia que impartirá o día 19 de julio, ofrecerá os resultados da campaña 2018 na tumba do visir Amen-Hotep Huy.

O proxecto arqueolóxico Visir Amen-Hotep Huy que desde o ano 2009 vén desenvolvendo o Instituto de Estudos do Antigo Exipto, en colaboración coa Universidade de Málaga e o Servizo de Antigüidades de Exipto, na necrópole tebana de Asasif, en Luxor (Exipto), é unha magna escavación de mais de mil metros cadrados, onde xa localizaron dúas tumbas intactas, cos seus sartegos e as súas momias. Tamén se localizaron oito tumbas novas, que están sendo escavadas por primeira vez por este equipo español, con importantes e novidosos resultados dos que o conferenciante dará conta.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra