De Música Antiqua 2019

Actualizado 10/07/2019 00:00

museo de pontevedra

Os días 18 e 26 de xullo, ás 20:30 h, terán lugar na área de cristal do Sexto Edificio os concertos do ciclo de música antiga que estarán a cargo dos grupos Resonet e La Bellemont. A entrada é libre ata completar o aforo.
Nesta ocasión o Museo de Pontevedra trae á zona de cristal do Sexto Edificio os sons da música dos séculos XVII e inicios do século XVIII establecendo así un diálogo suxestivo entre o antigo e o moderno, entre o espazo e o tempo; dunha música que, como o Museo, é de todo lugar, e de todo momento.
Xoves 18 de xullo
RESONET
Resonet498.jpg
Intérpretes:
Mercedes Hernández, soprano
Paulo González, frautas
Carlos Castro, percusións
Fernando Reyes, tiorba
Dirección:
Fernando Reyes

Nesta ocasión Resonet ofrece un programa centrado na figura de Claudio Monteverdi, autor sen o que o barroco musical e a ópera moderna, o que é dicir a historia mesma da composición culta en Europa nos últimos 400 anos, non podería ser comprendida. Xunto coas obras deste compositor, intercálanse breves partes instrumentais doutros autores contemporáneos do s. XVII

Venres 26 de xullo
LA BELLEMONT
La Bellemont498.jpg
Intérpretes:
Sara Ruiz, viola da gamba
Rafael Muñoz, tiorba
Laura Puerto, cravo

A maior parte das obras deste programa son Pièces de Caractère: composicións independentes, de moi distinta duración e estrutura, coa principal característica de seren pezas “descritivas” que podían retratar a unha persoa, un obxecto, unha situación, ou un estado de ánimo concreto. 

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra