Bolsas de creación artística Novos Valores 2019

Actualizado 10/07/2019 00:00

museo de pontevedra

Mohamed El Amine Asselman, coa obra Ordersound, Elena Matamoro Gómez de los Infantes, coa peza La mirada que escucha, Rosa Pardal Aragunde, coa fotografía Habitación nº A, e Alba Castillo Costa, coa escultura denominada Maleza resultaron gañadores das catro bolsas do certame Novos Valores na súa edición de 2019.

Ademais das e dos artistas que recibirán unha bolsa de 7.500 euros cada un para estudos artísticos, o xurado tamén seleccionou outras 31 pezas que se mostrarán na exposición Novos Valores 2019. Obra seleccionada, que finalmente abrirá no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a partir do 8 de agosto e ata o 15 de setembro. Alí poderanse admirar en total sete obras de pintura, nove de fotografía, tres debuxos, cinco esculturas, un vídeo,  sete gravados, e tres pezas de varios.

O xurado estivo composto polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García; a artista e profesora da Facultade de Ciencias da Educación e Deporte de Pontevedra, Itziar Ezquieta Llamas; a crítica e comisaria de arte Mercedes Rozas Caeiro; a decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García González; a crítica e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Susana Cendán Caaveiro; o deputado provincial Carlos López Font; o secretario da Deputación, Carlos Cuadrado Romay; e o director do MARCO, Miguel Fernández-Cid Enríquez.

Máis información en: https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-mohamed-el-amine-elena-matamoro-rosa-pardal-e-alba-castillo-premiados-coas-bolsas-novos-valores-2019

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra