Presentación do libro Os exvotos na relixiosidade popular galega 

Actualizado 17/07/2019 00:00

museo de pontevedra

O martes 23 de xullo ás 20 h terá lugar no salón de actos do Sexto Edificio a presentación do libro de Xosé Fuentes Alende Os exvotos na relixiosidade popular galega. A súa dimensión patrimonial.

Con este traballo Xosé Fuentes Alende acadou o I Premio de investigación “Olimpio Arca” organizado polo Concello de Cuntis.

O autor dedicou toda a súa vida laboral ao Museo de Pontevedra onde iniciou a súa actividade investigadora, centrada sobre todo no eido etnográfico e dun modo especial nos diferentes tipos de exvotos prometidos en momentos de enfermidade ou de perigo. Para o seu estudo percorreu os santuarios, as igrexas e as ermidas galegas, na procura destas manifestacións da arte e relixiosidade popular que forman parte do noso patrimonio cultural e non eran suficientemente valoradas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra