Concerto A la luz de los candelabros (LX edición)

Actualizado 31/07/2019 00:00

museo de pontevedra

O 3 de agosto ás 20 h celebrarase na área de cristal do Sexto Edificio o concentro  A la luz de los candelabros dentro das actividades dos cursos internacionais de Música en Compostela. A entrada é libre ata completar o aforo.

Este é o concerto número sesenta que acolle o Museo desde que en 1958 se crearon estes cursos universitarios internacionais por iniciativa do mestre Andrés Segovia, para interpretar e cultivar a música española. Desde entón alumnado de máis de vinte nacionalidades, de media, acude cada ano.

Ensinaron neles desde o propio  Andrés Segovia ata os máis prestixiosos músicos como Óscar  Esplá (o seu primeiro director), Federico  Mompou, Joaquín Rodrigo, Alicia de  Larrocha,  Xavier  Montsalvatge, Vitoria dos Ángeles,  Monterrat  Caballé (bolseira no ano 1962), Conchita  Badía, Gaspar  Cassadó, Rosa  Sabater e, xa en datas máis recentes, Carmelo  Bernaola e Cristóbal  Halffter (tamén antigos alumnos), Luis de Pablo, Antonio  Iglesias,  Enrique Santiago, Isabel  Penagos, José López Calo e  Antón García Abril.

Entre o numeroso alumnado que foi asistindo ao longo das diferentes edicións, ademais dos xa mencionados, poden citarse como exemplos ilustres Jesús López  Cobos, John Williams ou  Christopher  Hogwood.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra