Feira Franca 2019 no Museo: As ventás do ceo (Obradoiro creativo)

Actualizado 16/08/2019 00:00

museo de pontevedra

As vidreiras que enchían de luz e de cor os templos góticos, como os que tamén se erguen na nosa cidade, serán o fío condutor do obradoiro que este ano propoñemos no museo para as nenas e nenos da vila que veñan festexar ao Museo esta nova edición da Feira Franca.

Ademais de achegar a todas e todos os participantes ao oficio da vidraría, moi vencellado ao da cantaría, tamén coñecerán as orixes da Feira Franca e a importancia dos diferentes gremios e comerciantes na realización deste mercado libre de impostos, que no caso de Pontevedra iniciouse no ano 1467 cando o rei Henrique IV de Castela lle outorga este privilexio á vila.

Realizaremos catro obradoiros, un por día para un grupo diferente de nenas e nenos.

Datas: 3, 4, 5 e 6 de setembro.

Número de participantes: 15 nenas/os por quenda.
Idades: de 6 a 12 anos.

Horario: de 11h a 13:30h
Lugar: Sexto Edificio

Inscrición: por vía telefónica ou a través de correo electrónico. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e de correos. O horario de atención telefónica e de correos é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Teléfono: 986 804 100 ext. 42412/13

Correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es

O sábado 7 de setembro, día grande da Feira Franca, no Sexto Edificio, todas as persoas adultas, mozas e pequenas que nos visiten, poderán realizar algunha actividade creativa inspirada na época da concesión da Feira Franca e  fotografarse co trobador do Museo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra