Cantos na Maré no Museo

Actualizado 11/09/2019 00:00

museo de pontevedra

O Sexto Edificio acolle esta fin de semana nove sesións do festival Cantos na Maré que celebra o seu 15 aniversario. A participación nestas actividades será de balde.

Do venres 13 ao domingo 15 haberá música para o público infantil con Magín Blanco; narración oral con música da man de Vero Rilo e Faia Díaz; unha ruta pola colección do Museo máis un concerto posterior no piano con Brais González; unha performance de Antón Reixa; unha ruta pola cidade con Xurxo Souto; un obradoiro de música antiga para nenas e nenos; poesía da man de Aritmar; e dous filmes na sección ‘CineMaré'.

PROGRAMA

Venres 13

17.00 h. "APATACÓN" de VERO RILO e FAIA DÍAZ.

18.00 h. CINEMARÉ: "Ruth" de António Pinhao Botelho (Salón de Actos do Sexto Edificio).

Sábado 14

11.30. CAMIÑOS con MAGÍN BLANCO

16.30 h. Roteiro pola COLECCIÓN DO MUSEO (Sexto Edificio) + Concerto de piano de BRAIS GONZÁLEZ (Andar 0)

18.00 h. CINEMARÉ: "Onde estás Joao Gilberto", de George Gachot (Salón de Actos do Sexto Edificio).

19.15 h aRi[t]mar Poesía na Maré: con Rosalía F. Rial, Lucía Aldao e Lois Pérez.

Domingo 15

10.30 Roteiro pola cidade con Xurxo Souto (saída das Ruínas de San Domingos e chegada ao Museo ás 12.00 h).

11.30 h. Obradoiro infantil de instrumentos antigos (andar 1)

12.00 h Performance MELANCHOLEMIA de ANTÓN REIXA (Andar 0).

Máis información sobre estas actividades.

Máis información do festival en http://cantosnamare.com/

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra