Monte do Facho, un estado da cuestión. Mesa redonda e presentación de libro

Actualizado 26/09/2019 00:00

museo de pontevedra

O martes 1 de outubro, ás 19 h, terá lugar no Sexto Edificio a mesa redonda Monte do Facho, un estado da cuestión e a presentación do libro Michael Koch, Monte do Facho I. Die epigraphische Hinterlassenschaft des römisch-keltischen Heiligtums auf der Monte do Facho/ El legado epigráfico del santuario celto-romano en el Monte do Facho (O Hio/ Cangas, Galicia).  A entrada é libre.

Intervirán Thomas Schattner (Director Científico do Instituto Arqueológico Alemán de Madrid. Codirector da escavación do Santuario Galaico-Romano do Monte do Facho); Elena Gimeno Pascual (Universidad de Alcalá de Henares. Coordinadora do Centro Corpvs Inscriptionvm Latinarvm II) e José Suárez Otero (Grupo de Investigación ANTE. Universidade de Santiago. Codirector da escavación do Santuario Galaico-Romano do Monte do Facho). Moderará Rafael Rodríguez Martínez. (Arqueólogo da Deputación Provincial de Pontevedra. Coordinador do “Proxecto de recuperación de xacementos Galaico-romanos da provincia de Pontevedra”).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra