Curso de Apreciación Musical 2019

Actualizado 27/09/2019 00:00

museo de pontevedra

O venres 4 de outubro comeza o segundo ciclo da décima edición do Curso de Apreciación Musical, dirixido polo profesor Manuel López-Benito. Cada un dos ciclos desenvolverase en catro xornadas que terán lugar os venres de 19:30 a 21:30 h con asistencia libre ata completar a capacidade do salón de actos do Sexto.

O programa é o seguinte:

GRANDES OBRAS DA MÚSICA CLÁSICA

Continuando cos ciclos de anos anteriores de Grandes Obras da Música Clásica, escoitaremos e estudaremos en profundidade desde o punto de vista programático, estético, histórico e musical, algunhas das máis importantes páxinas musicais da Historia da Música Clásica. Unha maneira diferente de achegarse a estas obras co obxectivo de aumentar a emoción da súa escoita.

Venres 4, 11, 18 e 25 de outubro

 A ÓPERA E AS ARTES ESCÉNICAS

Fieis á nosa cita coa ópera e as artes escénicas, un ano máis dedicamos un ciclo a estas formas musicais ilustrándoo coa audición de grandes obras. Entre os obxectivos deste bloque temático podemos destacar os seguintes: a análise musical de cada ópera, as súas claves internas, a súa contextualización histórica, o compositor, a posta en escena e todos aqueles elementos relevantes cuxo coñecemento axudan a un maior goce da obra.

Venres 15, 22, 29 de novembro, e 13 de decembro

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra