O Sexto Edificio acolle a IV Xornada de Onomástica Galega

Actualizado 10/10/2019 00:00

museo de pontevedra

O sábado 19 de outubro a Real Academia Galega celebrará no Sexto Edificio do Museo a IV Xornada de Onomástica Galega que nesta ocasión estará dedicada aos nomes da rúas. A entrada é libre e gratuíta.

O encontro, organizado pola Academia coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o propio museo, contará coa intervención de catorce especialistas que intervirán nas catro sesións que terán lugar ao longo da mañá e da tarde, a partir das 09:45 h.

O programa centrarase no estudo dos nomes das rúas desde varias perspectivas de interese que van desde a análise das denominacións históricas e a recuperación da microtoponimia tradicional para as novas designacións, a algunhas das posibilidades didácticas que ofrece esta parte da onomástica.

Acollerá  tamén a presentación dunha proposta de modelo para as novas denominacións das rúas, baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes cás conmemorativas.

As persoas interesadas en obter un diploma que acredite a asistencia á xornada poden inscribirse no correo-e publicacions@academia.gal

ABRIR PROGRAMA EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra