Samaín 2019

Actualizado 17/10/2019 00:00

museo de pontevedra

Este ano as caveiras representadas nas obras do museo serán o fío condutor das actividades do Samaín para nenos e nenas de 6 a 10 anos. Traballarase sobre os seus diferentes significados e maneiras de representalas na arte, tanto en Galicia como fóra dela, atopando as semellanzas e diferenzas con outras culturas a través da festa do Samaín e de Todos os Santos.

Samaín 2019

VISITA OBRADOIRO: Entre caveiras anda o xogo

Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 10 anos
Data: 31 de outubro
Hora: de 11h a 13 h
Aforo máximo: 16 participantes
Observacións: poden vir disfrazados para a ocasión.
Inscrición: a través de correo electrónico e por rigorosa orde de recepción gabinetedidactico.museo@depo.es  (A atención dos correos será de luns a venres de  8:30 h a 14:30 h). É preciso que figure o nome da nena/o e a súa idade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra