Pontevedra. Cidade Lorquiana
Actualizado 21/10/2019 00:00 museo de pontevedra Unha conferencia para público adulto e un contacontos ilustrado para público infantil, son as actividades das xornadas arredor da relación de García Lorca coa nosa cultura e a nosa cidade que terán lugar no Sexto Edificio. Del partirá tamén un percorrido pola cidade. Serán os días 24 e 26 de outubro. Estas actividades de entrada libre están organizadas por Alvarellos Editora e Polo Correo do Vento coa colaboración do Museo. 24 de outubro CONFERENCIA a cargo de Henrique Alvarellos, editor, e Ramón Rozas, xornalista: “Viaxe a García Lorca, poeta galego” Ás 19:30 h no Sexto Edificio 26 de outubro CONTACONTOS ILUSTRADO a cargo de Polo Correo do Vento: “Seis poemas galegos” Ás 12 h no Sexto Edificio. ROTEIRO guiado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada: “Pontevedra cidade lorquiana” Saída ás 13 h desde a entrada do Sexto Edificio. Federico García Lorca (1898–1936) visitou Galicia por primeira vez o 25 de outubro de 1916. Á cidade de Pontevedra viría en dúas ocasións no ano 1932: primeiro coa compañía teatral La Barraca e logo invitado polo Comité de Cooperación Intelectual para dar unha conferencia sobre Marie Blanchard. En 1935 publica Seis poemas galegos coa editorial NÖS. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |