Palabras percuDitas: un ritmo de fábulas. Concerto didáctico para escolares

Actualizado 24/10/2019 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra, dentro do Proxecto Telecultura, quere achegar o patrimonio inmaterial de música e lingua aos escolares de 7 a 9  anos. Así os vindeiros días 27 de novembro e 4 de decembro ás 11:00 h no salón de actos do Sexto Edificio terá lugar o espectáculo Palabras percuDitas: un ritmo de fábulas  para o alumnado de 2º, 3º  e 4º de primaria dos centros de ensino da provincia de Pontevedra.

Trátase dun concerto didáctico no que se mestura a música coa narración oral, onde diferentes instrumentos de percusión (djembé, bombo legüero, xilófano de barro, udu, tambores de garabato) axudarán ás palabras a tomar forma propia a través do ritmo.

Charo Pita é a narradora e Javier Fernández ocúpase da percusión.

Tras o espectáculo procederase a unha pequena explicación da orixe dos contos narrados así como dos instrumentos utilizados durante a función.

Inscrición:

Os centros escolares que desexen asistir deben facer a reserva no teléfono 986 804 100, extensión 42413 ou 42315, ou no correo-e: curtas.museo@depo.es

A sesión é de balde ata completar a capacidade do salón de actos. 

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra