Tristán. Espectáculo infantil

Actualizado 05/11/2019 00:00

museo de pontevedra

Tristán é un espectáculo visual dirixido ao público infantil de 3 a 12 anos que a compañía O Elefante Elegante  representará o sábado 9 de novembro, ás 12 h, no Sexto Edificio. A entrada será libre ata completar o aforo.

Trátase dunha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados, onde as palabras se transforman en xestos e a música acompaña o ritmo da acción.

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro que crea propostas baseadas no xesto e no movemento. As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañía, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Nace para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existenciais.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra