Presentación do libro Matar o heroe de Adolfo Caamaño

Actualizado 06/11/2019 00:00

museo de pontevedra

O día 8 de novembro, ás 20:00 h, preséntase no Sexto Edificio a novela Matar o heroe de Adolfo Caamaño, ambientada na Primeira Guerra Mundial e no tempo de posguerra. A entrada é libre.

Matar_o_heroe498.jpg

Xunto ao autor, intervirán o director de edicións da Editorial Galaxia, Carlos Lema,  o escritor Xosé Monteagudo e o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

Ademais do I Premio de Novela Vilar Ponte que recibiu en 2018 esta obra, Adolfo Caamaño (Perdecanai, Barro, 1959), profesor, poeta e narrador, xa obtivera, entre outros galardóns, o Johán Carballeira de Poesía por Poemario irlandés (1999), o Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra pola novela Soberano como mellor novela de 2004, o María Mariño de Poesía con Elexía dos aléns (2007), o Concello do Valadouro de Novela Curta con Un vulto sospeitoso (2007), o Manuel Murguía de Narrativa Brece por A gueixa no bosque de bambú (2014) e o Modesto R. Figueiredo con Pinball do Pombal (2015).

Ademais de colaborar en varias obras colectivas, é autor das novelas O paxaro de mel (2006) e Cris Canalla (2009).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra